RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Comunicado do Real Club Deportivo da Coruña, SAD

O Consello de Administración do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, en reunión ordinaria celebrada hoxe martes 29 de maio de 2018, tratou, entre outros asuntos de carácter xeral, a solicitude formulada por accionistas do Real Club Deportivo e notificada á sociedade o 11 de maio de 2018.

O acordo do Consello de Administración que figura na acta da reunión é que "se toma nota de que o asesor xurídico realizou un informe negativo, considerando que o Consello de Administración non está na obrigación de atender a solicitude de convocatoria de Xunta Xeral de Accionistas segundo o seguinte informe:

INFORME SOBRE A SOLICITUDE DE CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL DE ACCIONISTAS RECIBIDA POLO REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA, SAD

Após este informe negativo da asesoría xurídica, o Consello de Administración rexeita a solicitude realizada, acordo que notificará aos solicitantes”.

No entanto, nun exercicio de atención e respecto aos intereses dunha parte dos donos da sociedade, o Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, SAD, decidiu na mesma reunión, por unanimidade, iniciar os trámites para a organización e convocatoria, en data a determinar, dunha Xunta Xeral Extraordinaria de accionistas para o nomeamento dun novo órgano de goberno da sociedade.

Desde este momento, o Real Club Deportivo da Coruña, SAD, activa a loxística necesaria para a organización e convocatoria da Xunta, que se realizará en tempo e forma a través da súa publicación e anuncio no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil e nos medios esixidos pola lexislación vixente.