RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Copa, Liga e tres adestramentos, todo iso esta semana para o Deportivo ABANCA

O Deportivo ABANCA afronta unha dura semana de competición con partido de Copa Galicia, choque ligueiro en Santander e tres adestramentos.

O xoves 12, día festivo, o conxunto deportivista visita ao Victoria CF (A Grela 1, 20:15 horas) na segunda xornada da Primeira Fase da Copa Galicia. Na primeira xornada, o Deportivo ABANCA dobregou (7-0) ao CPM Friol.

A fin de semana, concretamente o domingo 15 de outubro (12:00 horas), toca de novo xogar lonxe de Arteixo, concretamente en Santander (Ciudad Deportiva del Racing, campo Nando Yosu) ante o CDE Racing Féminas, na 6ª xornada de liga no grupo 1º de Segunda División Nacional.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 9 de outubro
Descanso

Martes 10 de outubro
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 11 de outubro
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 12 de outubro
20:15: Victoria CF - Deportivo ABANCA (Copa Galicia), na Grela 1

Venres 13 de outubro
19:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 14 de outubro
Descanso

Domingo 15 de outubro
12:00: CDE Racing Féminas - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva del Racing (campo Nando Yosu)

O Deportivo ABANCA mantén o liderado do grupo 1º de Segunda División Nacional con 15 puntos de 15 posibles, igualado a puntos co Oviedo Moderno, que ten peor diferencia de goles xeral.