RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

David Villasuso, novo membro do Consello de Administración do Real Club Deportivo

O Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, SAD aprobou, por unanimidade, a designación como membro do mesmo a David Villasuso Castaño, ocupando a vacante deixada, após a última Xunta Xeral de Accionistas, por Miguel Otero Santín.

Para este nomeamento aplicouse o dereito de cooptación que permite a Lei de Sociedades de Capital, un nomeamento que deberá ser ratificado pola próxima Xunta Xeral de Accionistas da Sociedade.

David Villasuso Castaño (A Coruña, 1973) é, desde o pasado mes de xuño, o director xeral do Real Club Deportivo da Coruña, SAD e as súas sociedades dependentes, cargo que seguirá exercendo após este nomeamento. Villasuso, accionista e socio do Deportivo desde hai 30 anos, é licenciado en Ciencias Empresariais pola UDC e MBA por IESIDE e incorporouse ao Club despois de desenvolver a súa carreira profesional en diferentes entidades financeiras con responsabilidades vinculadas ao mundo empresarial.