Definido o calendario do Xuvenil B no Grupo de Ascenso
O Xuvenil B accede como campión do subgrupo A da Primeira Fase da liga Nacional ao Grupo de Ascenso. O formato de competición será agora de liga a unha volta na que os dous primeiros ascenderán á División de Honra.
Os rivais do conxunto que preparan Alejandro Antón e Aldo Duscher serán o cinco primeiros clasificados do subgrupo B: Arosa SC, RC Celta B, Coruxo FC, CD Areosa, Alondras CF e ED Val Miñor B.
A competición arrincará o próximo 18 de abril en Abegondo fronte ao ED Val Miñor B; e finalizará co derbi ante o RC Celta B, tamén na Cidade Deportiva branquiazul, o 16 de maio.
Os equipos arrastrarán os puntos da Primeira Fase, co que a clasificación do grupo empeza así:
1. Deportivo, 52 puntos
2. RC Celta, 46 puntos
3. SD Compostela, 40 puntos
4. Coruxo FC, 32 puntos
O calendario de partidos do Xuvenil B é o seguinte: