RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Dépor e Marineda City regalarán miles de gorros para tinguir Riazor dun branquiazul solidario

  O Real Club Deportivo, grazas ao apoio de Marineda City, repartirá de forma gratuíta a todos os deportivistas que acudan o sábado a Riazor, gorros de Papá Noel branquiazuis cun dobre obxectivo. O primeiro e más impor

Os gorros distribuiranse de maneira gratuíta nos accesos do Estadio de Riazor. Neses mesmos puntos haberá voluntarios do catro institucións beneficiarias repartindo gorros e facendo peditorio para recoller os donativos que os deportivistas queiran realizar á causa. Por operatividade, o estadio dividirase en catro zonas de repartición de gorros e recadación de fondos, aínda que a recadación total de todo o estadio agruparase para facer posteriormente unha repartición igualitario entre todas as oenegués ao final da xornada.
 
A distribución do estadio á hora de facer a repartición de gorros e a recadación de fondos será a seguinte:
 
1. Saúde: Centro Oncolóxico de Galicia: "Mételle un gol ou Cancro". Bancada: Marathón 
2. Asistencial: Fogar Sor Eusebia Bancada: Preferencia
3. Infancia: Fundación Meniños. Bancada: Tribuna
4. Xeneral: Cruz Vermella, centrada no programa de recollida de xoguetes. Bancada: Pavillón
 
Os xoguetes recolleranse unicamente na bancada de Pavillón (nos soportais) para que aqueles afeccionados que non sexan desa bancada tamén poidan depositalos.
 
O Real Club Deportivo, ademais de agradecer publicamente a Marineda City o seu apoio para que a acción sexa posible, quere solicitar a todos os seus afeccionados todo o respaldo posible a esta iniciativa solidaria, colaborando na medida das súas posibilidades e tamén lucindo os gorros durante o partido para conseguir tinguir Riazor do branquiazul máis solidario.