O Fabril FC Benxamín caeu (8-1) ante o Benxamín A deportivista no derbi do subgrupo 1º da Primeira A Coruña - As Mariñas, correspondente á 9ª xornada, última da primeira volta.
Alberto Novo foi o autor do único tanto do equipo que prepara Alberto Bonigno nun partido resolto cunha derrota lóxica fabrilista, dada a diferenza dun ano entre os futbolistas dun e outro equipo, co que iso leva a estas idades.
Con este resultado, o Fabril FC Benxamín queda con 13 puntos na 5ª posición do subgrupo.
Fabril FC Benxamín: Samuel Rodríguez, Álex Casado, Mateo Cardelle, Breogán Díaz, Mateo Songo'o, Leo Lorenzo, Alberto Novo e Yago Prieto. Tamén xogaron: Antar Teijeiro, Andrés Valencia e Diego Castelo.
A próxima fin de semana, o Fabril FC Benxamín mídese ao Victoria CF.
Os resultados até a data do Fabril FC Benxamín son os seguintes:
Fabril FC Benxamín 4 (Alberto Novo, Leo Lorenzo, Mateo Songo'o e Diego Castelo) - Victoria CF 3 CD Calasanz 6 - Fabril FC Benxamín 2 (Leo Lorenzo -2-) Fabril FC Benxamín 6 (Mateo Cardelle -2-, Leo Lorenzo, Mateo Songo'o -2- e Diego Castelo) - Oza Juvenil SD 3 Ural Español CF 3 - Fabril FC Benxamín 1 (Mateo Songo'o) Fabril FC Benxamín 1 (Alberto Novo) - Atlético Coruña Montañeros CF 1 CF Deportivo Orzán 0 - Fabril FC Benxamín 14 (Mateo Songo'o -5-, Alberto Novo -3-, Leo Lorenzo -2-, Breogán Díaz -2-, Yago Prieto e Diego Castelo) Fabril FC Benxamín 5 (Mateo Songo'o, Leo Lorenzo, Breogán Díaz, Andrés Valencia e Diego Castelo) - Orillamar SD A 1 Deportivo 8 - Fabril FC Benxamín 1 (Alberto Novo)