RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Despedida en Mestalla con todos os dispoñibles e os canteiráns Quique Fornos e Mujaid

O Deportivo pecha mañá domingo 20 de maio en Mestalla ante a Valencia CF (12:00 horas, Bein LaLiga) a Temporada 2017-2018 en LaLiga Santander.

O encontro é intranscendente desde o punto de vista clasificatorio, posto que, pase o que pase sobre o céspede valencianista, o Dépor finalizará a temporada en antepenúltima posición.

Clarence Seedorf leva a todos os seus xogadores dispoñibles, salvo o meta Rubén e Fabian Schär, a quen deixa na Coruña por precaución. O suízo arrastra algunha molestia nos isquiotibiais da súa perna dereita e os técnicos branquiazuis non queren ningún risco ante a proximidade do Mundial de Rusia 2018 para o defensor.

Tampouco viaxa a Valencia Raúl Albentosa, sancionado; e os lesionados Sidnei, Andone, Carles Gil, Fede Cartabia e Eneko Bóveda.

Os centrais canteiráns Quique Fornos e Mujaid completan a convocatoria de 18 futbolistas.

No adestramento deste mediodía en Abegondo, no que participou tamén o xuvenil Iago Novo, houbo un quecemento, un exercicio de posesión, un partido táctico e fútbol en espazo reducido. O traballo sobre o céspede finalizou con lanzamentos a portería para atacantes, e ensaio de movementos defensivos para os defensores.

Os convocados viaxan esta tarde a Valencia, segundo este plan de viaxe:

Sabado 19 de maio
19:00: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Valencia
20:30: Chegada aproximada ao Aeroporto de Valencia e traslado ao hotel Meliá Valencia

Domingo 20 de maio
12:00: Valencia - Deportivo, en Mestalla
Ao finalizar, comida no hotel Meliá Valencia
18:00: Saída do voo do Aeroporto de Valencia con destino ao Aeroporto da Coruña
19:30: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña