RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dez futbolistas traballaron sobre o céspede de Abegondo

Só 9 futbolistas, os que onte non actuaron de inicio en San Mamés, ademais do meta Rubén, adestráronse esta mañá no campo 3 da Cidade Deportiva.

Así, soamente estiveron hoxe ás ordes de Clarence Seedorf: Navarro, Andone, Carles Gil, Tytoń, Fede Valverde, Bakkali, Guilherme, Gerard Valentín, Koval e o citado Rubén.

Para este grupo, a sesión consistiu nun traballo de posesión e un partido en espazo reducido.

Para os que xogaron de inicio en Bilbao ante o Athletic Club, houbo unicamente exercicios de recuperación no ximnasio, con paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Todo o cadro reunido realizou para empezar a mañá uns estiramentos no propio vestiario da Cidade Deportiva.

Mañá luns, o equipo está citado ás 18:00 horas en Abegondo. Ao finalizar, Clarence Seedorf dará a lista de convocados para o partido deste martes 17 de abril no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Sevilla (Bein LaLiga), en choque correspondente á 33ª xornada en LaLiga Santander.