RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Diego Rolan, superadas as súas molestias, xa realizou parte da sesión co grupo

Diego Rolan foi a novidade esta mañá no único adestramento do Deportivo previsto para hoxe mércores 18 de xullo.

O dianteiro uruguaio, superadas as súas molestias nun cuádriceps, completou boa parte do adestramento co resto dos seus compañeiros.

Adestráronse á marxe Fede Cartabia, Francis, Gerard Valentín (con algunha molestia nos isquiotibiais) e Carlos López (ás ordes do readaptador Fran Molano). Hoxe tamén tivo un adestramento específico no ximnasio Sidnei.

A sesión, após un quecemento, consistiu nun circuíto físico con finalizacións, unha tarefa de posesión e, para concluír, un exercicio táctico de movementos ofensivos no campo 3.

Mañá xoves haberá dobre quenda na Cidade Deportiva: 10:30 e 18:30 horas.