RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dous grupos de traballo na chuviosa xornada matinal de hoxe do Deportivo

Baixo un persistente orballo, o Deportivo completou hoxe luns na Cidade Deportiva unha nova xornada de traballo dividido en dous grupos, circunstancia habitual o día despois de cada partido.

Así pois, os titulares onte en ABANCA-RIAZOR ante o CF Talavera tiveron tarefas de recuperación: carreira continua, ximnasio e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Para os demais membros do cadro deportivista, aos que hai que sumar a Ian Mackay, a mañá foi de alta intensidade con quecemento, rondos, unha tarefa de finalizacións, un exercicio de posición e fútbol en espazo reducido.

Mañá martes 11 de xaneiro haberá xornada de descanso. O equipo regresa aos adestramentos o mércores 12 de xaneiro ás 10:30 en Abegondo nunha semana sen fútbol de competición, posto que a seguinte cita ligueira será o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 no campo Municipal de Villaviciosa de Odón ante o DUX Internacional de Madrid.