RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dúas canteirás, Bermúdez e Andrea, cóanse na lista do Deportivo ABANCA para recibir ao Victoria CF

Superado o pasado domingo o duro escollo do CPM Friol CD Lugo, o Deportivo ABANCA afronta o derbi coruñés mañá domingo 20 de xaneiro en Abegondo (12:00 horas) ante o Victoria CF, en partido correspondente á 15ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros, e 3 euros para os menores de 14 anos.

A novidade na convocatoria deportivista é a presenza de 2 futbolistas do Deportivo ABANCA B, Bermúdez e Andrea. O filial branquiazul, dominador da Primeira Autonómica, demostra cada fin de semana as súas ganas de achegar tamén ao primeiro equipo en categoría nacional.

Completan a convocatoria de Manu Sánchez as seguintes xogadoras: Curbelo, Miralles, Cris, Iris, Gaby, Peke, Teresa, Kika, Michelle Romero, Lía, Silvia Mérida, Miriam, Ali Muñoz, Laura, Raquel e Alba Merino.

O Deportivo ABANCA manda na categoría con 40 puntos; con 3 de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Oviedo Moderno CF, que ten 37.