RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Elena Vázquez, convocada pola selección española sub-17 para un amigable ante Estonia

A canteirá deportivista Elena Vázquez foi convocada pola selección española sub-17 para disputar un amigable ante Estonia o vindeiro mércores 8 de febreiro ás 11:00 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez é titular no Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira Autonómica (categoría sénior) e tamén goza de minutos no Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Nacional, equipo no que tamén formou de inicio a pasada fin de semana ante o CD Oceja.

O pasado día 12, Elena Vázquez tamén tivo minutos de xogo no último partido amigable da sub-17 feminina, resolto con goleada española fronte a Alemaña (4-0).

A futbolista carballesa xa disputou en setembro de 2022 a Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría, na que logrou o billete para a seguinte fase.

Precisamente nesta segunda rolda, xa definitiva, Dinamarca, Serbia e Bielorrusia serán os rivais da selección española. O campión deste grupo clasificarase para a Fase Final do Campionato de Europa que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio.

Elena Vázquez concentrarase o luns 6 de febreiro, tralo partido ligueiro do Deportivo ABANCA B en Abegondo ante o Real Oviedo B, o sábado 4 ou domingo 5.