RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Emocionante xornada de mañá con recepción na Xunta, Deputación e fin de festa no balcón do Concello da Coruña 

Selado este mediodía o ascenso á máxima categoría do fútbol feminino español, As Nosas vivirán mañá luns unha emocionante e intensa xornada de recepcións oficiais.

Así, ás 10:00 da mañá o equipo ao completo será recibido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, no Pazo de Raxoi en Santiago.

De regreso á cidade, ás 16:30 será Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, o que felicite ao cadro de xogadores, técnicos e representantes do Club na sede do organismo provincial sita na Avenida do Porto.

A tarde acabará na praza de María Pita, a partir das 19:30. En primeiro lugar Inés Rey, alcaldesa da cidade, encabezando a corporación municipal, recibirá ás Nosas, que a continuación poderán recibir o agarimo de #ANOSAFORZA desde o balcón do Concello. 

Sen dúbida será unha xornada para o recordo para todos os integrantes do Deportivo ABANCA, camiño xa da liga F.