RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL FC

Empate en Carballo dun Fabril FC Alevín sen opción de clasificarse á Fase Intermedia do Campionato Galego

O Fabril FC Alevín empatou (3-3) nas Eiroas ante o ED Luis Calvo Sanz en choque correspondente á 9ª xornada (penúltima) na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8. 

Thiago López, Miguel Candal e Hugo Álvarez foron os goleadores fabrilistas.

Con este resultado, o conxunto de Jorge Queijeiro é 4º na táboa con 11 puntos, sen opcións de clasificarse para a Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, á que acceden os 3 primeiros.

Fabril FC Alevín: Brais Araújo, Pablo Sánchez, Íker Ferreiro, Thiago López, Xiao Fontao, Nico Rodríguez-Ponce, Hugo Álvarez e Alejandro Astray. Tamén xogaron: Rubén Ordóñez, Miguel Candal e Hugo Bujía.

O Fabril FC Alevín pecha esta Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 este mércores 15 de maio ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 2) ante o CD Calasanz.

Os resultados do Fabril FC Alevín nesta competición son os seguintes:

Sada CF 4 - Fabril FC Alevín 2 (Hugo Álvarez e Miguel Candal)
Fabril FC Alevín 4 (Nico Rodríguez-Ponce -2-, Hugo Álvarez e Hugo Quintela) - San Tirso SD 2
Deportivo 7 - Fabril FC Alevín 1 (Miguel Candal)
Fabril FC Alevín 8 (Alejandro Astray -3-, Íker Ferreiro, -2-, Miguel Candal, Hugo Quintela e Nico Rodríguez-Ponce) - ED Luis Calvo Sanz 2
CD Calasanz 2 - Fabril FC Alevín 1 (Alejandro Astray)
Fabril FC Alevín 4 (Alejandro Astray -3- e Hugo Álvarez) - Sada CF 3
San Tirso SD 2 - Fabril FC Alevín 2 (Miguel Candal e Alejandro Astray)
Fabril FC Alevín 0 - Deportivo 5
ED Luis Calvo Sanz 3 - Fabril FC Alevín (Thiago López, Miguel Candal e Hugo Álvarez)