España, con Teresa titular, tumba a Escocia no torneo internacional de Glasgow
- Foto: @SEFutbolFem -
Teresa Abelleira, capitá do Deportivo ABANCA, está concentrada con España sub-19 nun torneo internacional en Glasgow (Escocia), no que participan as seleccións clasificadas directamente a Rolda Elite do Campionato de Europa da categoría.
O combinado nacional debutou hoxe mércores 3 de outubro ante as anfitrioas, as escocesas. Con Teresa Abelleira como titular e sobre o céspede todo o partido, gañou España (0-1), cun tanto de Carla.
A próxima cita para as xogadoras españolas será este sábado 6 de outubro (13:00, hora local) ante Dinamarca en East End Park.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é seguinte:
Mércores 3 de outubro ESCOCIA 0 - ESPAÑA 1
Sábado 6 de outubro 13:00: ESPAÑA - DINAMARCA, no East End Park (Dunfermline)
Martes 9 de outubro 13:00: ESPAÑA - FRANCIA, no McDiarmid Park (St. Johnstone)
Teresa Abelleira, ademais da tamén deportivista Malena Mieres, acábase de proclamar campioa de Europa sub-19 o pasado mes de xullo.