RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Eva Dios concéntrase hoxe luns coa selección española sub-20

Eva Dios foi convocada pola selección española sub-20 para uns adestramentos que terán lugar na localidade segoviana de Los Ángeles de San Rafael desde hoxe luns 23 ao mércores 25 de maio.

A futbolista galega disputou onte os noventa minutos no vital triunfo do Deportivo ABANCA (2-3) en Oviedo, que lle fai chegar á última xornada no grupo norte de Reto Iberdrola con opcións de evitar o playout.

Eva Dios, que xa sabe o que é unha citación deste combinado nacional, forma parte do grupo de internacionais nas categorías inferiores de España que militan no Deportivo ABANCA e Deportivo ABANCA B, caso de Ainhoa Marín, Carlota Sánchez, Paula Novo ou Abril Pazos, esta última do Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira División Galega.