RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fayçal ve a un Espanyol ''moi forte en todas as partes do campo''

Fayçao Fajr compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. "Agora tócame un pouco más marcar goles. Estou contento pero o más importante é que queremos gañar, queremos ter unha vit

Do Espanyol, rival do Dépor este sábado 20 de febreiro ás 18.15 horas (Canle + Liga / Abono Fútbol) en Cornellá - O Prat, apunta o internacional marroquí que "é verdade que non están nun bo momento. Temos que aproveitar este momento. Sabemos que é un equipo de moito nivel, con moitos xogadores de calidade, e seguro que van dalo todo neste partido. Nós estamos preparados para iso tamén".

Destaca do conxunto perico a xogadores "de arriba como Caicedo, ou Asensio. Tamén está Gerard Moreno. Teñen un bo equipo. Son moi fortes en todas as partes do campo".

Apunta Fayçal respecto da ausencia de Lucas nos dous últimos adestramentos, que "se xoga (o sábado) mellor para nós, se non xoga hai outros xogadores que poden xogar no seu sitio. Temos un grupo con moitos xogadores de calidade. Se Lucas non pode xogar, temos que xogar con outro". "É un titular indiscutible, sabemos que Lucas está nunha gran forma este ano e cando está no campo é mellor para nós. Se non está, porque ten unha dor, mellor que descanse un pouco e volva mellor", engade.

Subliña sobre os 14 empates que suma o Dépor nesta liga, que "sempre queremos gañar. Pero agora tócanos empatar. Non nos afecta este tema de empatar. Na cabeza temos só o tres puntos, pero se temos que empatar, é porque xogamos contra un equipo de calidade".

Lembra Fayçal que a partir de agora "todos os partidos van ser moi difíciles. Imos xogar contra equipos que necesitan puntos, como o Espanyol, como o Granada. A ver se podemos estar salvados a final de mes".