RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Finaliza a etapa de Ian Mackay no RC Deportivo

Hoxe mércores 10 de xaneiro concluíu a actual etapa de Ian Mackay no RC Deportivo após disputar un total de 80 partidos co primeiro equipo branquiazul desde a súa incorporación na temporada 2021-22. 

Mackay formouse nas categorías inferiores do club desde 2001 até 2007, época na que chegou a debutar co primeiro equipo en varios amigables e un Teresa Herrera.

Após dúas temporadas e media, o porteiro realizou na mañá de onte o seu último adestramento co equipo en Abegondo e despedirase hoxe mércores de #ANOSAFORZA coa lectura dun comunicado na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR ás 14:00 horas.

O RC Deportivo quere recoñecer de forma especial o seu vínculo e achega ao Dépor e deséxalle moita sorte no persoal e o profesional de aquí en diante.