RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Forte ritmo de adestramento para os que onte non actuaron de inicio no Wanda

Clarence Seedorf dirixiu esta mañá unha nova sesión de adestramento no campo número 11 da Cidade Deportiva do Real Madrid en Valdebebas. O técnico dividiu aos seus 19 futbolistas en dous grupos.

Os titulares onte no Estadio Wanda Metropolitano realizaron unha sesión de recuperación, con estiramentos, carreira continua e masaxe.

Os que onte non actuaron de inicio fronte ao Atlético de Madrid (Andone, Carles Gil, Bakkali, Krohn-Dehli, Borja Valle, Gerard Valentín e Schär), ademais dos dous porteiros (Rubén e Koval), tiveron un adestramento normal, con rondos, un exercicio de duelos (un contra un e dous contra dous) e un partido final en espazo reducido.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo adéstrase de novo o mércores 4 de abril ás 18:00 en Abegondo.