RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo específico para os atacantes, esta tarde en Abegondo

O Deportivo realizou esta tarde a segunda sesión de adestramento prevista para hoxe luns 16 de xullo, con Diego Rolan e Carlos López á marxe do grupo.

Natxo González ordenou un traballo específico de movementos ofensivos con finalizacións para os atacantes (Borja Valle, Christian Santos, Pedro Sánchez, Carles Gil e Fede Cartabia), supervisado por Bernardo Tapia.

Mentres tanto, o resto de futbolistas realizaba na outra parte do campo 2 un exercicio de posesión e presión tras perda.

A tarde arrancou cun quecemento e uns rondos; e concluíu con series de potencia aeróbica para os futbolistas de campo.

Mañá martes tamén haberá dobre quenda de adestramento en Abegondo: 10:30 e 18:30 horas.

Francis, primeiro mundialista en regresar aos adestramentos co Dépor

O meta nixeriano Francis Uzoho foi o primeiro internacional en poñerse a traballar co Deportivo tralo seu paso polo Mundial de Rusia, finalizado onte.

O gardameta branquiazul, titular nos 3 partidos que xogou o equipo africano na primeira fase, xa está desde hoxe luns ás ordes de Yván Castillo, preparador de porteiros branquiazul.

A sesión desta mañá consistiu nun quecemento con balón, un circuíto físico con remates a portería, unha tarefa de posesión e, para concluír, accións de entradas por banda e finalizacións.

Tiveron sesión de fisioterapia Diego Rolan e Carlos López; mentres que Borja Valle e Guilherme realizaron unha parte co grupo e outra co readaptador, Fran Molano.

Pola tarde haberá un novo adestramento, ás 18:30 horas en Abegondo.