RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Frenética semana de pretemporada con seis sesións e dúas citas da Dépor Xira Integral Motion 2022

A pretemporada do Dépor entra no seu apoxeo con seis días frenéticos. Desde mañá luns 1 de agosto ao sábado 6 están previstas seis sesións de traballo en Abegondo e ademais dúas novas citas da Dépor Xira Integral Motion 2022 en Vilalba e Viveiro.

Os rivais ademais soben de nivel. Atrás quedan equipos de Terceira RFEF e avecíñase máis esixencia coa SD Ponferradina de Segunda División este mércores 3 na Magdalena e o Real Madrid Castilla do mesmo grupo de Primeira RFEF o sábado 6 en Cantarrana.

Como o resto de partidos de pretemporada, dentro da Dépor Xira Integral Motion, o encontro retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

Ademais, haberá dúas xornadas, mañá luns e o venres 5, con dobre quenda na Cidade Deportiva; e cada vez que haxa adestramento matinal, o cadro reúnese para almorzar na instalación branquiazul a partir das 09:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 1 de agosto

10:30 h. e 18:00 h.

Martes 2 de agosto

18:00 h.

Mércores 3 de agosto

18:30: Deportivo - SD Ponferradina, na Magdalena (Vilalba)

Xoves 4 de agosto

10:30 h.

Venres 5 de agosto

10:30 h. e 18:00 h.

Sábado 6 de agosto

19:00 h.: Deportivo - Real Madrid Castilla en Cantarrana (Viveiro)