RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Garitano: "Necesitamos pegar ese golpe que estivemos a piques de dar no Santiago Bernabéu"

Gaizka Garitano manifestou esta tarde na sala de prensa de Abegondo que "fora de casa necesitamos pegar unha badalada e tentar gañar. Iso é o que temos en mente".

Insiste en que "necesitamos pegar ese golpe que estivemos a piques de dar no Santiago Bernabéu. Un non pode vivir do que se fai en casa. Fóra de casa, aínda que no Bernabéu as sensacións foron boas, en Málaga as sensacións foron boas, perdemos e das derrotas uno non saca nada. Necesitamos gañar e mañá temos esa intención".

A pesar da acumulación de partidos pola Copa do Rei, asegura que o equipo mañá venres 6 de xaneiro en Cornellá El Prat ante o Espanyol (20:45, Gol TV), estará "ben a nivel físico".

O técnico deportivista eloxiou ao conxunto espanyolista: "Defensivamente traballan moi ben. Empezou encaixando moitos goles pero desde entón é o equipo menos goleado. Logo encima ten en ataque futbolistas de moito nivel. É un equipo que está ben e será difícil para nós".

Finalmente, respecto ao mercado de inverno, xa aberto, Garitano confesa ter "máxima confianza na xente do Club que traballa niso. Eu estou desentendido de calquera tema. Nin pregunto. Eu o que teño que facer é centrarme nos xogadores que teño, en sacarlles o máximo rendemento. Ese é o meu traballo".