RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Horarios do XVII Torneo RC Deportivo

Pechada a inscrición para o XVII Torneo RC Deportivo, 180 equipos serán os que participen: 76 prebenxamíns e 104 benxamíns pertencentes a 73 clubs de toda Galicia. O Torneo RC Deportivo porase en marcha ás 09:00 horas do próximo mércores 17 de maio por decimoséptima ocasión, após a interrupción entre os anos 2020 e 2022 pola pandemia, coa firme intención de volver ser, unha vez máis, a gran festa do fútbol galego. O evento manterá o formato de edicións anteriores, coa participación de case 3.000 xogadores.

Os partidos arrincarán ás 09:00 horas e estenderanse até as 21:00, hora de inicio da final Benxamín, ao longo e ancho dos 16 terreos de xogo en que se dividirán os campos de herba natural da Cidade Deportiva de Abegondo.

Espérase que polas instalacións do RC Deportivo pasen unhas 10.000 persoas, que ademais de gozar dunha inesquecible xornada de fútbol terán á súa disposición unha ampla área de recreo e restauración, que ocupará boa parte do terreo de xogo de herba artificial, coa presenza de patrocinadores do Torneo e do Club, como Gadis, Cabreiroá, ABANCA, DéporTiendas, Quirón Salud, Sanbrandan, DIGI, Integralmotion, Yomedoo ou OWQLO.

Aproveitando a disputa do XVII Torneo RC Deportivo, a Cidade Deportiva de Abegondo acollerá un partido Genuine, e non un partido calquera, O Noso Derbi Genuine entre Dépor e Celta. Será ás 19:25 xusto antes das finais de ambas as categorías. Un Dépor Genuine que esta temporada conta co patrocinio de Vales y Asociados, Duacode e Fundación San Rafael.

Nesta edición todos os horarios, resultados e clasificacións poderán seguirse en directo, e exclusivamente, a través da APP de OWQLO que pode descargarse na seguinte ligazón: https://rcd.lc/owqlo

Aquí podes descargar as bases do XVII Torneo RC Deportivo

Plano para acceso con vehículo á Cidade Deportiva de Abegondo

Lista de prezos área de restauración

Decálogo Torneo RCDeportivo