RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Hugo Novoa xoga mañá coa selección española sub-16, da que cae Trilli por lesión

- Foto: @SEFutbol -

O canteirán deportivista Hugo Novoa incorporouse á concentración da selección española sub-16 para participar desde mañá martes no Torneo Desenvolvemento UEFA en Belgrado (Serbia).

Outro cadete branquiazul, Trilli, citado inicialmente para participar con España sub-16 no Mundial de Montaigu (Francia), non poderá acudir á cita internacional debido a unha lesión.

Ambos os futbolistas pertencen ao Cadete A, aínda que Hugo disputou os últimos partidos de liga co Xuvenil A de División de Honra.

Tanto Hugo como Trilli xa participaron con España esta temporada na última edición da Copa Aegean en Esmirna (Turquía).

A anfitrioa Serbia, Eslovaquia e Ecuador serán os rivais de Hugo Novoa e España en Serbia.

Os españois debutan mañá martes 16 de abril no torneo ante Ecuador (12:00 horas).

O calendario de partidos dos españois, todos eles no Stara Pazova Stadium, é o seguinte:

Martes 16 de abril
12:00: ESPAÑA - ECUADOR

Xoves 18 de abril
14:15: SERBIA - ESPAÑA

Sábado 20 de abril
12:15: ESLOVAQUIA - ESPAÑA

Presenza habitual esta temporada en Las Rozas

Esta campaña, ademais de Hugo Novoa e Trilli, foron citados os seguintes canteiráns deportivistas para diferentes categorías da selección española:

- Mujaid (central do Fabril): Xogos do Mediterráneo coa sub-19

- Juan Rodríguez Lima (central do Xuvenil B) e Íker Piedra Blanco (porteiro do Xuvenil B): Adestramentos coa sub-17 e amigable ante Italia o primeiro deles

- Sergio Bernárdez (centrocampista do San Tirso SD): Sportchain AGS Cup e Torneo Pinatar Arena coa sub-15

Por conseguinte, a factoría de Abegondo aos poucos vaise convertendo nun referente para os diferentes seleccionadores nacionais.