RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Intensa semana con dous partidos ligueiros para o Deportivo ABANCA

Despois da xornada de descanso de hoxe domingo, o Deportivo ABANCA arrinca mañá luns una das semanas máis intensas da temporada con dous partidos ligueiros: en Abegondo o mércores (17:00) ante o Athletic Club B e en Eibar o domingo 5 de febreiro (12:00).

Os resultados da xornada deixaron Ás Nosas líderes da categoría con 34 puntos, os mesmos que o CP Cacereño Feminino (2º) e a SD Eibar (3º).

A maiores dos dous partidos, Irene Ferreras dispuxo de cinco sesións de traballo. As previas ao partido en Eibar, concretamente o venres 3 e sábado 4, serán no campo de O Monte en San Tirso, de herba sintética, para adecuarse ás condicións das instalacións eibarresas de Unbe, escenario do choque ante o conxunto vasco.

Cada día que haxa actividade en Abegondo as futbolistas están citadas ás 08:30 para realizar actividades previas a saltar ao céspede como vídeo ou ximnasio. Precisamente esas dúas tarefas conformarán unicamente o adestramento post-partido do xoves 2 de febreiro, no que non está previsto que haxa actividade sobre o céspede.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 30 de xaneiro
10:00 h., Abegondo

Martes 31 de xaneiro
10:00 h., Abegondo

Mércores 1 de febreiro
17:00: Deportivo ABANCA - Athletic Club B, en Abegondo

Xoves 2 de febreiro
09:00 h., Abegondo

Venres 3 de febreiro
10:30 h., O Monte

Sábado 4 de febreiro
09:15 h., O Monte

Domingo 5 de febreiro
12:00: SD Eibar - Deportivo ABANCA, en Unbe