RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Interesante xornada mañá mércores en #ANOSACANTEIRA con #ONOSODERBI en infantís e alevíns

Mañá mércores 25 de maio teñen cita tres equipos de #ANOSACANTEIRA: Xuvenil B, Infantil e Alevín.

Haberá #ONOSODERBI amigable en infantís, na modalidade de fútbol 8; e en final da XII edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, á que Dépor e Celta chegan após quedar campións dos subgrupos norte e sur, respectivamente.

Na primeira fase, os branquiazuis dominaron o seu subgrupo con 25 puntos en 9 partidos, froito de 8 partidos gañados e 1 empatado. Marcaron 54 goles e encaixaron 7.

Pola súa banda, os célticos gañaron os 9 partidos dos que constou a primeira fase. Anotaron 94 goles e recibiron 8.

O día complétase cun amigable do Xuvenil B ante a Selección Galega sub-16, ás 18:00 no campo 4 de Abegondo.

O calendario de partidos de mañá é o seguinte:

Categoría xuvenil
Amigable: XUVENIL B - SELECCIÓN GALEGA SUB-16, ás 18:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría infantil
Amigable (fútbol oito): RC CELTA - INFANTIL, ás 19:30 na Madroa (Vigo)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, final: ALEVÍN - RC CELTA, ás 18:30 nas Eiroas (Carballo)