RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ismael Díaz completará a súa rehabilitación en Latinoamérica

O dianteiro internacional panameño do Deportivo Fabril, Ismael Díaz, continuará a súa rehabilitación en Latinoamérica, baixo o seguimento dos servizos médicos do Real Club Deportivo e da Federación Panameña de Fútbol.

Unha vez realizados os tratamentos conservadores pertinentes e após a artroscopia á que foi sometido o futbolista hai unhas semanas, o xogador completará a súa posta a punto definitiva xunto á súa contorna familiar, algo moi necesario nestes procesos de lesións longas.