RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Kika, Gaby e Michelle Romero, citadas en novembro para unha concentración da selección venezolana

- Foto: @FemeninoFVF -

As deportivistas Kika, Gaby e Michelle Romero foron convocadas pola nova Directora Técnica da selección de Venezuela, a italiana Pamela Conti, para unha concentración que terá lugar en Roma (Italia), do luns 4 ao martes 12 de novembro.

As futbolistas branquiazuis viaxarán tralo partido do domingo 3 de novembro (16:15 horas, Gol) ante o Atlético de Madrid no Centro Deportivo Wanda Alcalá de Henares; e chegarán a tempo para a seguinte xornada na Primera Iberdrola, a visita do EDF Logroño a Abegondo, prevista para o domingo 17 de novembro (16:00 horas, Gol).