RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Laure e Florin Andone realizaron esta mañá unha parte do adestramento co grupo

O capitán Laure e Florin Andone realizaron esta mañá en Abegondo unha parte do adestramento co grupo. Ademais de Fayçal, coa súa selección, só Carles Gil, en repouso deportivo estes días, estivo á marxe.

Na sesión de hoxe, cos fabrilistas Óscar, Nacho Monsalve, Quique Fornos e Borja Domingo, o primeiro equipo traballou a presión; a saída de balón e movementos ofensivos; e, para concluír, a posesión e o xogo por bandas, con centros e remates.

Mañá domingo, 1 de xaneiro, o equipo recibirá o ano 2017 cun novo adestramento na cidade deportiva, previsto para as 11.30 horas.