RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Lista de convocadas do Deportivo ABANCA para o partido mañá sábado en Oviedo

O Deportivo ABANCA vive unha das súas semanas grandes da temporada. Mañá sábado 22 de decembro (11:45 horas), visita ao Real Oviedo, na primeira gran batalla polo título ligueiro no grupo 1º de Segunda División Nacional.

O encontro, correspondente á 13ª xornada, xogarase nas instalacións de El Requexón.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a estas xogadoras: Curbelo, Miralles, Cris, Iris, Gaby, Peke, Teresa, Erika, Alba Merino, Kika, Michelle Romero, Lía, Silvia Mérida, Patri Díaz, Miriam, Yamamoto, Ali Muñoz e Laura.

Despois de 12 partidos, ambos os equipos marchan na cabeza con 34 puntos, aínda que a diferenza de goles a favor e en contra é superior claramente ás deportivistas: +69 por +46 das ovetenses.