RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

LIX Teresa Herrera<br>O Deportivo imponse ao Atlético e logra a súa 12ª Torre

Dous goles de Pandiani e un de Romeu serviron ao Deportivo para dar a volta a un marcador no que se adiantou o Atlético de Madrid con gol de Paunovic. Os de Irureta logran así a 12ª Torre de Hércules para as vitrinas do Club coruñés, a quinta de modo cons

Boa entrada en Riazor para a final do LIX Trofeo Teresa Herrera, un partido entretido que se puxo costa arriba para os branquiazuis tras un gol de Paunovic. Pero Pandiani marcou e os equipos chegaban ao descanso con igualada no marcador. Despois, Pandiani, de novo e Romeu, máis tarde, adiantaron aos locais e deron o trofeo ao conxunto anfitrión.

Munúa, Manuel Pablo, César, Andrade, Romeu, Duscher, Sergio, Munitis, Víctor, Valerón e Pandiani foron os titulares do Deportivo para a final do LIX Teresa Herrera. No banco estaban Dani Mallo, Héctor, Pablo Amo, Acuña, Abreu, Rubén, Momo, Luque e Capdevila.

O Atlético formou con Cuéllar, Colsa, García Calvo, Santi, Musampa, Sergi, Gabi, Paunovic, Novo, Molinero e Arizmendi. Suplentes Sergio, López, Torres, Jorge, Nano, Pablo e Luccin.