RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Longa viaxe por estrada do Dépor ABANCA para o seu partido en Villanueva de Gállego (Zaragoza)

O Deportivo ABANCA desprázase este sábado 29 de xaneiro á primeira hora da mañá en autocar a Zaragoza para medirse ao Zaragoza CFF o domingo 30 de xaneiro ás 12:00 no Estadio Enrique Porta, da localidade de Villanueva de Gállego. O encontro corresponde á 16ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola e será televisado por TVG-2.

Os case 800 quilómetros que separan A Coruña de Zaragoza obrigaron ao corpo técnico de Miguel Llorente e Ana González a suspender a habitual sesión de traballo do día antes de cada partido en Abegondo, saír de viaxe á primeira hora da mañá e organizar unha suave sesión de activación nada máis chegar ao hotel Eurostars Boston da capital aragonesa.

O regreso do conxunto branquiazul, líder do grupo con tres puntos de vantaxe sobre o FC Levante Las Planas (37 puntos suma o Deportivo ABANCA por 34 as catalás, aínda que estas cun partido menos), será tamén por estrada nada máis concluír o encontro.

O plan de viaxe do Deportivo ABANCA é o seguinte:

Sábado 29 de xaneiro
9:00: Saída en autocar a Zaragoza con parada para comer en Osorno (Palencia)
19:00 (horario aproximado): Chegada ao hotel Eurostars Boston en Zaragoza
19:30: Sesión de activación

Domingo 30 de xaneiro
12:00: Zaragoza CFF - Deportivo ABANCA, no Estadio Enrique Porta, de Villanueva de Gállego
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña