RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: A clasificación agora ten pouco que ver co final

Miguel Ángel Lotina propuxo esta mañana un exercicio práctico aos medios de comunicación na sala de prensa do Mundo do Fútbol. "A liga é moi longa. Collede a clasificación da tempada pasada a estas mesmas alt

Efectivamente, na xornada sétima da tempada 2008-09, a Valencia era o líder con 19 puntos. Acabou en sexta posición, en postos de UEFA. Sevilla e Vilarreal marchaban empatados en segunda e terceira posición respectivamente con 17 puntos. Os andaluces foron ao final terceiros e os levantinos quintos. O Barcelona, campión de Liga, e o Real Madrid, subcampión, eran por esta orde cuarta e quinta con 16 puntos tras sete partidos. O Atlético de Madrid, que acabaría o exercicio en cuarta posición, en postos de Liga de Campións, marchaba por aquel entón en oitava posición con 9 puntos. Por certo, cos mesmos puntos ía o Dépor pero clasificado na undécima praza.

Lotina ten razón, a clasificación da xornada sétima non ten que ver co final. Só un pequeno matiz. Os equipos que estaban arriba a tempada pasada: Valencia, Sevilla, Vilarreal, Barcelona e Real Madrid acabaron en postos europeos. Só faltou o Atlético, que veu desde atrás, e o Dépor, que quedou ás portas da competición europea, só apartado porque o Athletic Club, clasificado por detrás na liga, quedou coa terceira praza de UEFA pola súa condición de finalista de Copa ante o Barça.

"Para que quedemos entre o catro primeiros, témolo que facer moi ben nós e que fallen moitos equipos. E todos non van fallar. Ademais, o Villareal e o Atlético de Madrid ocupan posicións agora mesmo que non lles corresponden", engade Lotina, moi cauto ante o gran comezo ligueiro do Dépor.