RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina asegura en rolda de prensa que Gardado xogará 40 ou 50 minutos

O corpo técnico do Deportivo non quere correr ningún risco con Andrés Gardado. Esta mañana, en rolda de prensa, Miguel Ángel Lotina manifestó que o internacional mexicano xogará 40 ou 50 minutos maña

En canto ao equipo, o técnico vasco indicou que "estamos ben e frescos. Ademais collemos aire con xente que se incorporou tras as  lesións. Se miras agora ao banco non é como hai unhas semanas, que estabamos máis pillados".
 
Por fin, Laure confírmase como o lateral zurdo en Cornellá, unha posición que el xa coñece posto que xa actuou aí cando militaba nos infantís do Real Madrid. Ademais chegou a xogar de mediocentro e de interior dereito nas categorías inferiores merengues. Laure confesa que o Dépor sairá "a por" todas ao novo campo espanyolista.