RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Eu teño confianza no presi e el ten confianza en min

Miguel Ángel Lotina mostró esta mañana no Mundo do Fútbol, en rolda de prensa, a súa sintonía total co Consello de Administración do Deportivo: "Teño confianza no presi e él ten confianza en mí.

-¿Preocupado pola derrota do domingo?
-Estamos amolados todos polo mal partido e a mala imaxe. Temos que cambiala. Por éso temos que traballar moito esta semana.

-Parece que a actitude do equipo baixou.
-O certo é que non estamos a xogar fluído. É importante que volvamos ser o equipo serio que tenta xogar ao fútbol.

-Din os datos que o Dépor só disparou catro veces a porta nesta segunda volta.
-Estamos a ter problemas nesta faceta. Por iso debemos volver ser fortes en actitude, orde... Pero é certo que non estamos con fluidez.

-Ata as xogadas de estratexia desapareceron.

-Moitas veces ésto é cuestión de refachos.

-Quedar sen fútbol coincidiu coas baixas de Filiipe e Sergio.
-Non temos que mirar as baixas. Temos que mirarnos individualmente e dar todos máis de si.

-O sábado recupera a Pablo Álvarez, que estaba sancionado, e a Mista.

-Bo, imos ver como está Mista. Adestrou moi ben pero en espazos pequenos e é evidente que aí ten moita calidade. Se segue así é probable que poida entrar na convocatoria.

-¿Ten noticias de Lassad?
-Falei con el o pasado venres e está moi contento. Hoxe parece que xa saltará ao campo. Falei  tamén cos médicos e tomaremos unha decisión sobre cando debe estar aquí. Pero parece que cando regrese farao para xogar.

-Todo iso son boas noticias.

-É evidente que cada recuperación dun futbolista é unha boa noticia.

-Mostrouse moi pesimista ao acabar o partido ante o Espanyol pero agora véselle máis comedido.

-Si é certo que acabei mal o partido e pasei onte un mal día. Aínda hoxe sigo preocupado pero vin aos xogadores adestrar e xa estou mellor. De todos os xeitos saín máis preocupado do 2-0 ante o Espanyol que do 4-0 en Zorrilla ante o Valladolid. É certo que somos sextos e que hai outros equipos que non acaban de arrincar, pero éso non nos vale.

-¿Pode haber algún cambio o sábado ante o Xerez?
-Volverá en boa lóxica Andrés Gardado, que o outro día estivo ben e deunos moita presenza. A Riki tamén o vexo mellor.

-¿Haberá cambio de sistema?

-Non. Seguiremos igual.

-Di un xornal, o As, que está máis no Dépor que fose.
-Nunca me vin fóra do Deportivo. O único novo que se pode dicir deste tema é que eu estou moi a gusto no Club e a miña familia moi feliz na Coruña. Pero agora non é o momento. Agora é o momento de ilusionarnos con esta segunda volta e logo xa se falará, cando o presi teño un momento.