RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Imos sacar un equipo competitivo para gañar o Trofeo Teresa Herrera

Miguel Ángel Lotina manifestó esta mañana en rolda de prensa no Mundo do Fútbol que, a pesar da praga de lesións que sofre o equipo, "imos sacar un equipo competitivo para gañar o Trofeo Teresa Herrera".

O técnico vasco, de face á primeira semifinal de mañá domingo ás 20.00 horas ante a Cruz Azul, non poderá contar nin cos internacionais, Aouate, De Guzman, Xisco, Rochela, Fabricio, Omar Bravo e Gardado, nin cos lesionados, Lafita (recentemente operado de apendicitis), Pablo Amo, Ze Castro (obrigado a retirarse do partido ante o Hadjuk por unha cambra nun xemelgo), Lopo (cunha contusión no xemelgo) e Manuel Pablo (con molestias nun dedo dun pé). "Non é normal que de súpeto teñamos tantas baixas, pero hai que afrontalo así", comentou respecto diso Lotina.

A maiores, Lotina eloxiou á Cruz Azul: "Son un bo equipo eh? Teñen bos peloteros. Foron subcampións do seu país e veñen con todo, posto que México só lles citou a un futbolista".