RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Lucas, Balenziaga, Dani Barcia, Isi Gómez, Kuki Zalazar e Davo clausuran mañá en Abegondo a cuarta quenda do DéporCampus Cabreiroá

Unha nutrida representación do cadro do Deportivo clausura mañá venres a partir das 12:30 no campo de herba sintética a cuarta quenda do DéporCampus Cabreiroá 2023 de Abegondo.

Lucas, Mikel Balenziaga, Dani Barcia, Isi Gómez, Kuki Zalazar e Davo entregarán os diplomas acreditativos, asinarán autógrafos e pasarán un intre divertido cos 245 nenos e nenas desta quenda, antepenúltima na Cidade Deportiva, pola que este verán pasaron xa desde o 26 de xuño un total de 1.140 nenos e nenas.

Ademais da sede de Abegondo, mañá venres conclúen os DéporCampus Cabreiroá 2023 de Zas (que este ano contou con 44 nenos e nenas), Cuntis (55), Bertamiráns (48) e Pontecaldelas (68).

Do luns 24 ao venres 28 celebrarase a 5ª quenda en Abegondo, cun total de 171 nenos e nenas inscritos.

Até o mércores 26 de xullo ás 12:00 do mediodía está aberta a inscrición para o DéporCampus Cabreiroá en Catoira (Pontevedra) que se desenvolverá do 31 de xullo ao 4 de agosto. Os interesados poden formalizar a súa inscrición nesta ligazón.

Ante calquera dúbida ou consulta os interesados poden contactar coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.