RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Lucía Rivas comeza hoxe coa selección española sub-17 a preparación da Fase Final do Europeo

Lucía Rivas concentrouse hoxe luns coa selección española sub-17 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) para preparar a Fase Final do Campionato de Europa da categoría que se xogará en Suecia este mes de maio.

A canteirá branquiazul e o resto do equipo nacional viaxarán ao país escandinavo o vindeiro venres 3 de maio.

Xa en Suecia, os rivais de Lucía Rivas na Primera Fase serán Polonia, Bélxica e Portugal, con este calendario:

Luns 6 de maio
18:30: ESPAÑA - PORTUGAL no Malmö IP en Malmö

Xoves 9 de maio
15:30: ESPAÑA - POLONIA, no Klostergardens IP en Lund

Domingo 12 de maio
15:30: BÉLXICA - ESPAÑA, no Klostergardens IP en Lund

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o mércores 15 de maio.

Lucia Rivas é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.