RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luisinho cre que o Dépor está "no momento ideal para xogar contra o Barcelona"

  Luisinho manifestó esta mañana en rolda de prensa que o vestiario branquiazul é consciente que o do sábado no Camp Nou ante o FC Barcelona (16.00 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) "é un partido bastante dif&

O carrilero zurdo deportivista subliña que o conxunto azulgrana é ""un dos mellores equipos do mundo, con bos xogadores. Para nós é unha motivación extra. Por iso sempre gusta xogar contra o Barcelona ou o Real Madrid".

En caso de confirmarse a baixa de Neymar, lesionado onte en Alemaña no adestramento previo ao partido de Liga de Campións, Luisinho cre que sería "unha boa noticia". No entanto, advirte que "o persoal do Barcelona é bastante forte, con e sen Neymar. Estamos preparados para iso".
 
Confesa que os futbolistas branquiazuis están con ganas "de xogar o partido. Temos esa ilusión. Imos aproveitar a ilusión e as ganas, e tentar tamén gozar do partido".
 
A nivel particular, recoñece Luisinho estar "contento, feliz por poder participar, por poder axudar ao equipo. Estou contento por iso".