RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luisinho: Hai que traballar para ser titular porque os nomes non xogan

Luisinho compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. O zurdo deportivista manifestó que "estamos cada vez mellor. Aos poucos estamos a coller condición física e éso é o q

De Juanfran, subliñou Luisinho que "estamos contentos porque xa o coñecemos. Sabemos que nos pode dar moito. Eses xogadores son sempre benvidos".

Reitera unha vez máis que "a posición que me gusta é a de lateral, porque teño estas rutinas. Pero non descarto xogar de interior. Pero de lateral é onde sinto máis cómodo".

Titular desde que chegou ao Deportivo hai dúas tempadas en Segunda e en Primeira División, é consciente Luisinho que "hai que traballar para ser titular porque os nomes non xogan".

Sobre as incorporacións, todas para a parcela defensiva, razoa que "este adestrador dá moita importancia ao aspecto defensivo. Fáltanos agora fichar para arriba. Sabemos que faltan xogadores, para aos poucos construír o persoal".