RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luisinho: ''non hai nada do vestiario contra min nin de min contra o vestiario''

  Luisinho mostró o seu arrepentimento por todo o sucedido o pasado sábado, nunha rolda de prensa esta mañana en Abegondo, unha vez finalizado o seu primeiro día de regreso ao grupo: "Arrepíntome porque o que

Desmentiu o lateral deportivista que houbese algún problema no vestiario a pasada tempada: "Claro que quedamos sempre enfadados sempre que perdemos. Pero pasar pasar algo claro que non pasou. O que pasou vostedes vírono, a miña situación con Arribas. Pero dentro do vestiario nada".
 
Confesou Luisinho que hoxe, antes do adestramento, falou cos seus compañeiros, "porque o tema estaba moi quente nos outros días. Resolvemos mellor as cousas. Que non haxa dúbidas que non hai nada de nada do vestiario contra min nin de min contra o vestiario. Que quede ben claro éso. Que non quede dúbidas sobre Luisinho".
 
Insiste en que todo o sucedido "está xa pasado. Agora hai que mirar para adiante e axudar ao equipo".
 
Subliña que a súa relación con Víctor Sánchez do Amo é boa: "Xa falamos. Fomos sinceros un co outro e hai que seguir para adiante. Foi un tema que me prexudicou a min, e non quero volver pasar máis por isto. Falei con el e está todo claro".