RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luisinho pide ante o Sevilla 'as mesmas ganas coas que xogamos contra a Valencia'

Luisinho reconoció esta tarde na sala de prensa de Abegondo que "hai ganas de fútbol, ganas de conseguir o tres puntos, porque sabemos que é un partido difícil. Sabemos a situación que estamos a atravesar".

Cre que o parón ligueiro "sempre vén ben, porque desconectas un pouco do fútbol. Traballas cousas que tes que mellorar un pouco".

Sobre o Sevilla, rival do Dépor este sábado 19 de novembro en Riazor (13.00 horas, Bein Sports), apunta Luisinho que "fose de casa non ten os mesmos números que en casa. En casa é un equipo bastante forte. Está a xogar ben, está nunha posición bastante cómoda. Agora nós xogamos en casa, coa afección do noso lado, temos que sacar esta parte positiva". Engade sobre o conxunto hispalense que "é un equipo bastante competitivo, bastante goleador. Mete bastantes goles nos partidos. Mete moita xente arriba. Somos conscientes da dificultade do partido. Tamén temos as nosas armas para contrarrestar ese xogo ofensivo do Sevilla".

Advirte o lateral deportivista que temos que encarar o partido como "un partido bastante importante. A pesar da fortaleza do Sevilla, temos armas para contrarrestar ese favoritismo do Sevilla. Temos que xogar con esas ganas, con esa agresividade coa que xogamos contra a Valencia en casa".

Resalta Luisinho entre as filas sevillistas a Vitolo, "o xogador máis destacado do Sevilla neste momento. Coñecemos a súa técnica e as súas virtudes. O Sevilla non é só Vitolo. É un equipo guerreiro, ten xogadores con esa mesma calidade. Temos que pensar que non é só Vitolo".

A nivel persoal, recoñece o defensor portugués que "sinto feliz. Estou contento, sinto que estou metido no grupo, que é o que máis quería. Quero continuar con esa felicidade".