RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

LVIII Teresa Herrera<br>O América remonta e empata o partido

O Nacional parecía ter controlado o encontro con dous goles de vantaxe, de Jorge Dely e Óscar Morais, pero nos minutos finais do encontro Abreu e Patiño remontaron a contenda e metéronse na loita polo título. Chegouse ao descanso en Riazor con empate sen

Na quenda de penaltis ao termo do partido o Nacional impúxose por 4 a 3 ao América.

Unha vitoria deportivista ante o Nacional daría o trofeo aos de Irureta mentres que se, pola contra gañasen os uruguaios o trofeo iríase para Montevideo. En caso de empate, decidirían os penaltis lanzados tras cada encontro.

Becerra, Sergio Branco, Alfredo González, Alberto Macías, Christian Ramírez, Germán Vila, Francisco Torres, Israel Martínez, Efrén Hernández, Christian Patiño e Hugo Castelo foron os titulares do América.

Munúa, Benoit, Machado, Curbelo, Wesley, Eguren, Morais, Scotti, Vázquez, Peralta e Dely foron os titulares do Nacional de Montevideo.