RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Madrugón en Málaga e adestramento xa en Abegondo antes do descanso de mañá martes

Xornada larga a de hoxe luns para Os Nosos previa ao día de descanso de mañá martes. Ás 6:00 soou o espertador nas habitacións do Hotel EuroStars Málaga, cuartel xeral do Dépor para, ás 7:00, poñer rumbo ao aeroporto de Málaga e voar ás 9:40 a Galicia.

Nada máis aterrar, futbolistas e técnicos dirixíronse á Cidade Deportiva para un novo adestramento, o habitual post-partido.

Os titulares onte ante o San Fernando CD Isleño realizaron tarefas de recuperación, con carreira continua, ximnasio e fisioterapia.

Para os demais membros do cadro, un quecemento con rondos, un exercicio de finalizacións e fútbol reducido foron as tarefas dunha asollada pero fría mañá na instalación branquiazul.

Pepe Sánchez, con permiso, non se adestrou hoxe; mentres que Raúl Carnero e Isi Gómez están con traballo individualizado supervisado polo readaptador Álex Canosa.

O cadro deportivista volve aos adestramentos o mércores a partir das 10:30.

A próxima cita en Primera Federación será este sábado 4 de febreiro ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e InSports.tv) ante o AD Mérida, en partido correspondente á 22ª xornada.