RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Máis de medio milleiro de deportivistas arrouparán ao equipo no Pizjuán

Unha vez concluída a venda das entradas postas a disposición do RC Deportivo por parte do Sevilla FC, serán case 600 afeccionados os que apoien ao equipo branquiazul no Ramón Sánchez Pizjuán, este sábado 2 de decembro ás 18:30 horas.

Para este encontro fronte ao conxunto andaluz, correspondente á 14ª xornada de LaLiga Santander, mobilizáronse un total de 42 penas: Jaballi, Bodipo, Manuel Pablo, O Previo, Rías Baixas, Cambresa, Fene Blanquiazul, Perla de Arousa, Al Sur de Riazor, Centenariazo, La Cuesta, Teixeiro, Camándulas, Burela, Fernando Vázquez, Dinos, Faluya, Caramuxo, Estrela dos Castros, Rubia Galega, Caña Derbas, Cheka, Mariñeiros, Rouba Risons, Djalminha, Bierzo, Archillos, Uxes, O Padriño, Vilalba, Chamberí, Verín, Noroeste Turko, Pulpeiros, La Cabaña del Cazador, Brigantium, Chaflán, Terra Cha, Roxo, Santiago, Meseta Blanquiazul e Buddha.