RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá de recuperación no Dépor previa ao descanso de mañá martes

O Dépor regresou aos adestramentos esta mañá en Abegondo. Antes de saltar ao céspede, os futbolistas reuníronse na sala de vídeo para analizar en imaxes o partido de onte.

Xa no campo 2, os titulares en ABANCA-RIAZOR realizaron as tarefas de recuperación habituais: carreira continua, estiramentos, ximnasio e fisioterapia.

Para o resto do cadro a mañá foi de alto ritmo, cun quecemento, rondos, un exercicio de posición con porterías pequenas, unha tarefa de duelos e, para concluír, fútbol reducido. A este grupo sumáronselle Antoñito e Jaime, que unicamente disputaron a primeira parte ante o San Fernando CD Isleño.

Estiveron hoxe con adestramento individualizado Trilli; Isi Gómez; Quiles, que se recupera dunha contusión sufrida o pasado mércores ante o CF Talavera de la Reina; e Raúl Carnero, que arrastra unhas molestias nos isquiotibiais, pendente de evolución nos próximos días.

Mañá martes haberá xornada de descanso. Os futbolistas branquiazuis están citados de novo o mércores 5 ás 16:30 en Abegondo.

A próxima cita ligueira no grupo 1º de Primera Federación será o domingo 9 de setembro (18:00) no Cerro del Espino ante o CF Rayo Majadahonda, en partido correspondente á 7ª xornada.