RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo recibe o agarimo da Pena Bodipo Casa Freire

Manuel Pablo, capitán do Deportivo e único sobrevivente en activo do título de Liga na tempada 1999-2000, recibió hoxe xoves no Mundo do Fútbol o cariñou da Peña Deportivista Bodipo Casa Freire. Luís Lourid

Xa en rolda de prensa, o lateral deportivista manifestou que sempre é "bonito" xogar en San Mamés. "É un estadio no que se respira fútbol e é especial xogar alí", afirmou Manuel Pablo aos medios de comunicación.

No adestramento desta mañá na Cidade Deportiva traballaron á marxe Riki, Gardado e Míchel. Retiráronse antes de finalizar a sesión Rubén Pérez, con molestias nun  nocello sen maior importancia; Morel, cunhas bochas no pé; e Rindaroy, cunha entesitis do tendón de Aquiles. Urreta, con febre, marchouse sen adestrar ao seu domicilio; e Antonio Tomás tampouco traballou a consecuencia dunha gastroenterite.

Mañá venres 31 de xaneiro hai sesión de recuperación no Mundo do Fútbol, a partir das 10.30 horas.