RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Martí prepara ao Dépor con traballo táctico e un partido 11 contra 11

José Luis Martí prepara ao Deportivo, hoxe ademais cos fabrilistas Valín e Álex Cobo, para o partido deste venres 26 de abril no Nuevo Estadio Los Pajaritos de Soria ante o CD Numancia (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

O técnico deportivista dispuxo en primeiro lugar esta mañá un traballo táctico por grupos e a continuación un partido 11 contra 11 no campo 2. Martí parou o exercicio en repetidas ocasións para repartir instrucións aos seus futbolistas.

Mañá xoves 25 de abril, o Dépor adestrarase a porta pechada en ABANCA-RIAZOR a partir das 10:00 horas. A continuación, os convocados viaxarán a Soria por estrada.