RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Merecido triunfo do Cadete B sobre o EF Lalín

Con todo merecemento o Cadete B logrou o triunfo en Abegondo ante o EF Lalín (4-2), grazas aos goles de Adrián -3- e Hugo.

Ambos os equipos chegaban ao partido da 5ª xornada igualados a 7 puntos na clasificación do grupo 1º da liga Galega. Con este triunfo, o Cadete B ascende posicións e é sexto na táboa con 10 puntos.

Cadete B: Ríos, Mouriño, Bocija, Edu, Íker, Nils, Iván, Alex Espeso, Jorge, Hugo e Iago. Tamén xogaron: Buján, Iván e Padín.

O xoves 12 de outubro, día festivo, hai xornada de liga. Na 6ª xornada, o Cadete B visita ao Racing Villalbés, ás 11:30 no Estadio Roca de Vilalba.
Os resultados do Cadete B ata a data son os seguintes:

Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1
Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge)
Cadete B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - Racing de Ferrol B 1
Lugo B 1 - Cadete B 0
Cadete B 4 (Iago -3- e Hugo) - EF Lalín 2