RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mini vacacións no Dépor ABANCA até o vindeiro martes 15

O Dépor ABANCA tómase unhas merecidas mini vacacións. Aproveitando que non hai competición de liga en Primera Federación FutFem, cadro e corpo técnico teñen descanso desde a conclusión do longo e intenso adestramento de hoxe venres até o martes 15 ás 09:00, cando retomarán a actividade na Cidade Deportiva.

As branquiazuis chegan a este descanso competicional con 17 puntos na 2ª posición da táboa, só superado pola SD Eibar, líder con 20 puntos.

A seguinte cita ligueira para o Dépor ABANCA será o sábado 19 de novembro ás 16:00 na Ciutat Esportiva Joan Gamper (campo 7) ante o FC Barcelona B, en partido correspondente á 9ª xornada.

Irene Ferreras aproveitou estes días para recargar as baterías das súas futbolistas mesmo cun día de convivencia fóra de Abegondo. O pasado mércores, todo o cadro de xogadoras e técnicos degustaron un almorzo especial para deportistas no Sanbrandan Lunch situado na tenda FNAC da praza de Lugo, a base de zumes, cafés, infusións, tostas de aguacate, queixo e xamón ibérico.

A continuación, o equipo ao completo realizou un xogo de escape room, por xentileza da empresa The Rombo Code, situada no polígono coruñés da Grela e especializada en eventos de empresa e celebracións particulares.

As xogadoras, divididas en varios grupos segundo dispuxo Irene Ferreras, tiñan que, utilizando a lóxica e o traballo en grupo, escapar dunha habitación nun tempo establecido.

O obxectivo era fortalecer os lazos de grupo de cara ao próximo tramo de competición antes do parón do Nadal, a recado conseguido.